Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Hospital Álvaro Cunqueiro

O servizo de Cardioloxía do Chuvi recibe unha beca da axencia galega de innovación

As liñas de investigación están orientadas á mellora da saúde cardiovascular dos pacientes

Grupo de Investigación Cardiovascular / Sergas

Grupo de Investigación Cardiovascular

Vigo

O servizo de Cardioloxía do Chuvi, en concreto o Grupo de Investigación Cardiovascular do IIS Galicia Sur, ven de recibir unha beca da Axencia Galega de Innovación (GAIN) na modalidade de axudas para "Grupos con Potencial de Crecemento".

Esta beca, que ascende a 90.000 euros, enmárcase nas axudas outorgadas para a consolidación e estruturación de Unidades de investigación competitivas dirixidas a aqueles grupos que, pola súa produción científica e actividade, amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do Sistema Galego de I+D.

Segundo explica o Coordinador Técnico da Unidade de Investigación do Grupo, Pablo Juan Salvadores, “son convocatorias moi competitivas, nas que se esixen unha serie de requisitos, como ter un grupo de traballo consolidado, contar con determinado números de proxectos activos e publicacións científicas, así como unha actividade docente acreditada na dirección de teses doutorais”.

Máis de 150 proxectos de investigación

A Unidade de Investigación Cardiovascular foi constituída polo doutor Andrés Íñiguez no 2004 como un grupo multidisciplinar, dirixido polo doutor Víctor Alfonso Jiménez dende 2012, e integrado no IIS Galicia Sur.

Desde os seus inicios, o carácter multidisciplinar do equipo investigador ten permitido a súa participación en 150 proxectos de investigación rexionais, nacionais e internacionais. O Grupo ven mantendo unha traxectoria clara e sostida en investigación de vangarda, cun elevado número de publicacións en revistas de alto impacto, como NEJM ou The Lancet, entre outras.

Estes proxectos abarcan diversas liñas de investigación que van desde a análise clínica de varias patoloxías cardíacas -arterioscleroses, insuficiencia ou rehabilitación cardíaca-ata a investigación básica en aspectos como as novas técnicas no campo da informática aplicada, a utilización de simulación numérica para a resolución de problemas cardiolóxicos clínicos, ou a intelixencia artificial para a detección precoz da fibrilación auricular.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir