Directo

SESIÓN DE CONTROL Sigue en directo la sesión de control al Gobierno en el Congreso

Sociedad

O Concello levará a pleno a modificación do PXOM para descatalogar o edificio de Correos da estación de tren

Trala súa aprobación definitiva se procederá á publicación do acordo no DOG e á remisión dun exemplar do PXOM coa modificación puntual xa incorporada á Consellería de Medio Ambiente

Los trabajadores de Correos han visto como se ha multiplicado por cinco el volumen de trabajo, lo que afecta a su reparto que se retrasa por falta de personal / Ser Madrid Norte

Lugo

O Executivo de Lara Méndez procederá este mes de maio á aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para acadar a descatalogación do Edificio de Correos,ubicado ao carón da estación do Ferrocarril. Dende o goberno local inciden en que "logo de que tanto Adif como a Xunta de Galicia deran a súa conformidade ao proxecto técnico elaborado polo Servizo de Arquitectura que recollía os cambios a realizar" matizan.

O trámite, que antes diso deberá ser validado mañá de forma provisional en Xunta de Goberno, "supón avanzar na materialización, por parte do Concello, das competencias que este tiña asignadas no protocolo de colaboración que mantén co ente ferroviario e co Executivo autonómico para posibilitar a construción da Estación Intermodal de Lugo".

A alcaldesa, Lara Méndez, explicou hoxe que trala súa aprobación definitiva se procederá á publicación do acordo no DOG e á remisión dun exemplar do PXOM coa modificación puntual xa incorporada á Consellería de Medio Ambiente para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

A rexedora lembrou que, acolléndose ás indicacións realizadas dende Patrimonio Cultural para a redacción do proxecto, o equipo técnico revisou a contorna de protección do edificio da estación do ferrocarril e estableceu os condicionantes necesarios tanto para a salvagarda do ben protexido como da devandita contorna, sen que isto supuxera a cualificación do mesmo como ben catalogado.

“Ao tratarse dunha modificación non substancial, que non constituiu unha variación fundamental da estratexia e directrices vixentes no Plan Xeral e non produxo diferenzas no efectos previstos ou na súa zona de influencia, puido acollerse á tramitación simplificada, quedando eximida do procedemento de avaliación ambiental estratéxica, segundo determinou a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático”, sinalou a alcaldesa.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad