Directo

SESIÓN DE CONTROL Sigue en directo la sesión de control al Gobierno en el Congreso

Sociedad

O Arde Lvcvs 2022 xa ten moeda

No deseño deste ano cobran especial protagonismo os deuses grego e romano da mediciña

Momento da presentación da medalla para o 2022

Lugo

O Arde Lucus 2022 quece motores e desta volta faino presentando oficialmente a súa moeda. A edición 2022 recupera esta tradición cunha moeda acuñada pola asociación Cohors III Lucensium. Trátase dunha medalla de bronce, sen valor económico concreto, acuñada na cidade de Pitia, na época de Marco Aurelio Severo Antonino, Emperador de Roma do 211 ao 217, máis coñecido como Emperador Caracalla.

No anverso aparece un busto acorazado, con paludamento do propio Emperador Caracalla, coa cabeza laureada mirando a dereita tal e como pon a lenda escrita en grego, habitual nas moedas romanas e no reverso, figura estante de Asclepios ou Esculapio, deuses da mediciña situados á esquerda descansando sobre vara e serpe. Na parte contraria, aparecen os seus fillos Hygina que alimenta á cobra ou serpente no seu colo e unha cunca na man esquerda e outro dos seus fillos Telesforo cuberto cun gorro frixio.

O concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, apuntou na presentación da medalla que “nesta edición o Arde Lvcvs recuperará o seu esplendor, da man das 19 asociacións lucenses implicadas no seu desenvolvemento, tras dous anos de festa en mínimos, a causa das restricións derivadas da pandemia”.

A Cohors III Lucensium repartirá unhas 3.500 moedas. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda, valorada en dous euros, poden facelo en distintos establecementos do casco histórico.

Programación en maio

Continúa a programación do Arde Lvcvs cultural. Ao longo do mes, Senatus Lucus Augusti impartirá charlas sobre o ‘Senado, o Arde Lucus e a historia de Lugo’; Pax Romana impartirá xornadas de debuxo con xiz no chan; Salesiani Luci Augusti amosará a construcción dun mosaico con teselas de barro, así como a fabricación dunha cota de malla e a elaboración de coroas, e Vestales Lucus Augusti realizará estampacións en téxtil.

Por último, A Ponte Romana acollerá a recreación histórica máis auténtica da vida cotiá dunha sociedade castrexa da Idade do Ferro tardía: O pobo dos Namarini, da man de Tir Na N’Og.

Do 1 ao 15 de xuño no centro comercial As Termas, haberá una exposición dos carteis da Festa Arde Lvccs dende o 2001 ata a actualidade e programaranse actividades da man de Ara Roma (obradoiro de reloxos) e Vestales Lucus Augusti (obradoiro de estampación).

As actividades pódense consultar na web e redes de festa Arde Lvcvs (www.ardelucus.com) e a inscrición das actividades pode realizarse en www.formulario.xuventudelugo.gal.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad