Salud y bienestar

Precísanse dous peóns no Concello de Ribadavia

Xa está aberto o proceso selectivo

Vista de Ribadavia / Maps

Radio Ribeiro

O prazo para participar no proceso de selección de dúas prazas de peón do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) é ata o luns 23 de este mes de maio, incluído.

Públícanse as bases de contratación a xornada completa, contrato por tempo indefinido, de dous traballadores ou traballadoras coa categoría de peón, que se encargarán da prestación do servizo denominado Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Ribeiro, con sede no Concello de Ribadavia.