Ocio y cultura

Escuchando Elefantes versiona o "Adiós ríos, adiós fontes" co gallo do Día das Letras Galegas

Continente María: estréase o espectáculo que percorre a vida de María Casares sobre as táboas

Sílvia Rábade

A Coruña

Celébrase mañá o Día das Letras Galegas con lectura da obra de Florencio Delgado Gurriarán na praza de María Pita da Coruña presidida pola alcaldesa, Inés Rey, e membros da Corporación municipal.

A homenaxe comezará ás 11,45 horas, coa actuación do grupo musical da asociación Xacarandaina. Ás 12,00 horas comezará a lectura de diferentes textos do autor homenaxeado deste ano.

A primeira quenda será para a alcaldesa e tamén participarán as persoas que así o desexen e outros membros da Corporación municipal. Tras o acto volverá actuar Xacarandaina para pechar a homenaxe.

Hai concerto de Cáritas no Coliseo con Sito Sedes, Silvia Penide e Merchy Treviño. No Castrillón, a proposta da escritora Fina Casalderrey, os centros escolares e as bibliotecas do barrio colgaron cintas de cores con lemas sobre Galicia e o galego como Quérote Galicia.

O grupo coruñés Escuchando Elefantes publicou un videoclip cunha versión do "Adeus ríos, adeus fontes" de Amancio Prada coa colaboración do cantante e de actores como Touriñán, Marta Larralde, Melania Cruz, Fran Lareu e Ledicia Sola.

Continente María: estréase o espectáculo que percorre a vida de María Casares sobre as táboas

Continúan as homenaxes a María Casares con motivo do centenario do seu nacemento. Ás oito e media da tarde no Teatro Rosalía estrearase "Continente María", un espectáculo sobre a personalidade da actriz coruñesa exiliada en Francia en 1936, tras o inicio da Guerra civil.

A obra parte dun traballo documental sobre a vida e circunstancias de María Casares e a súa dedicación ao teatro. Melania Cruz é a actriz que lle dá vida, Xosé Antonio Touriñán é o produtor e Tito Asorey " o director, quen no acto de presentación destacou a importancia que tiña para Casares "facer as cousas".

A presentación do espectáculo tivo lugar no Concello da Coruña, onde a alcaldesa Inés Rey destacou que "a obra fala da capacidade de María Casares para ir un paso por diante á época na que viviu, loitando por ser unha muller independente ata conseguilo". "Continente María" é unha coprodución de Ainé Producións e o Concello, A Quinta do Cuadrante e o Centro Dramático Galego.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00