Xosé Lois Foxo: "Este museo alberga a colección de gaitas máis grande do mundo"

O director do Museo Internacional de Cornamusas sinala a importancia deste espazo, que percorremos coa axuda do gaiteiro Diego Prieto

Visita ao Museo Internacional de Cornamusas

Ourense

Na fachada, unha persoa sostén a gaita. O edificio, situado nas lagoas, agocha un dos tesouros museolóxicos da cidade. Estamos no Museo Internacional de Cornamusas. Xosé Lois Foxo, director do museo, subliña a importancia deste espazo dedicado á gaita, pois "recolle gaitas das distintas culturas onde o instrumento vive. Desde Irán, toda a parte de Rusia, dos países eslavos, norte de África e Europa Occidental. É a colección máis grande do mundo".

Dende Radio Ourense Cadena SER fixemos unha visita polas particularidades do museo coa axuda do gaiteiro e divulgador ourensán Diego Prieto "é importante divulgar a gaita porque é parte de nós como galegos, divulgar e dar coñecer o noso instrumento é bo porque aínda hai moitos prexuízos. Non estamos tan valorados como outros instrumentistas". Prieto fálanos das partes da gaita e das singularidades do instrumento en función da cultura que o acolle. A primeira parada é na gaita experimental, datada de 1925, e adquirida en Cuba por medicación do investigador Óscar Ibáñez.

Este museo dedicado á gaita pódese visitar de luns a venres de nove e media a dúas e media e de seis a dez da tarde nas Lagoas.