Música

Mayumaná actuarán no Auditorio do Mar

Será dentro do ciclo Xacobeo Vigo

Mayumaná / Zeev Roytman

Vigo

O Auditorio Mar de Vigo segue sumando nomes ao seu ciclo de artistas internacionais Xacobeo Vigo, que terá lugar no recinto Mar de Vigo ao longo de todo o verán. A última incorporación ao cartaz é Mayumaná, a excepcional banda de percusión israelí, que presentará en Vigo o seu novo show ‘Currents’, o 18 de Setembro.

A banda, que actuou en máis de vinte países ante máis de 15 millóns de persoas, presentará en Vigo este espectáculo inspirado na ‘Batalla das correntes’, a disputa histórica que mantiveron os dous empresarios e inventores Thomas Alva Edison, creador da corrente continua e Nikola Tesla, da corrente alterna que se utiliza ata hoxe. Esta disputa escenifícase nunha gran carga de enerxía sobre o escenario.

Ademais, o Mar de Vigo tamén suma á súa programación habitual o ballet de ‘El Lago de los Cisnes’, interpretado polo Ballet Clásico de Ucrania, un ballet clásico puro, que ten a súa sede na cidade de Járkov, e dirixido pola coreógrafa Natalia Kazatska. Este fermoso ballet de Tchaikovsky pasará por Vigo o vindeiro 16 de xullo.

Os concertos do Ciclo Xacobeo Vigo están a ter unha grande demanda de entradas desde que foron anunciados, e algúns van camiño de esgotar todas as localidades. É o caso dos históricos Texas, que actuarán na terraza do auditorio o 9 de agosto. Restan menos de 150 entradas para poder ver na terraza do Mar de Vigo á banda da cantante Sharleen Spiteri.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00