Sociedad
Meixoeiro

O Meixoeiro ofrece consultas abertas para prevención de melanoma

O factor de risco máis importante para o desenvolvemento dun melanoma é a exposición excesiva á radiación solar

Campaña euromelanoma

Vigo

O Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) levará a cabo a partir da próxima semana unha campaña no hospital Meixoeiro para detectar posibles melanomas e revisar o estado dos lunares na poboación. Súmase así á iniciativa a nivel nacional Euromelanoma 2022.

A tal fin, os doutores Ander Zulaica, xefe do servizo, e a coordinadora desta campaña en Galicia, Celia Posada, reservaron os días 8, 14, 22 e 27 de xuño para levar a cabo estas “consultas de cribado” abertas á cidadanía, nas que se realizarán unha revisión dos lunares da poboación interesada.

Os cidadáns que desexen acudir a estas consultas deberán inscribirse previamente na páxina www.euromelanoma.aedv.es, e serán citados tras un cuestionario previo, no mesmo servizo de Dermatoloxía, na planta 1a do Hospital do Meixoeiro.

Participación do Celta de Vigo

A campaña de cribado realízase en toda España organizada pola Fundación Piel Sana que depende da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía. Este ano, en Vigo contouse coa participación do R. Club Celta de Vigo, co obxecto de darlle visibilidade ao tema e concienciar á población xeral da importancia de protexerse fronte ao sol e de autorevisarse o pel.

Vixilancia dos lunares

O melanoma é un dos dez tipos de cancro máis frecuentes, pero tamén é un dos menos complicados de+ previr. Segundo explica a doutora Posada, “a incidencia do melanoma e outros cancros de pel contrastan coa facilidade da prevención primaria e secundaria destas patoloxías, xa que o factor de risco máis importante para desenvolver o cáncer cutáneo é a exposición solar, sobre todo en forma de queimaduras na infancia e adolescencia. Ademais, o pel é un órgano visible e perfectamente revisable, podéndose realizar diagnósticos precoces”.

O aconsellable é que a propia persoa vixíe periodicamente o pel e os lunares que ten no seu corpo e, de producirse algunha variación nalgún deles, contacte co seu médico de familia.

Os cambios nos lunares que poden alertar da posible patoloxía adoitan ser: Asimetría (unha metade comeza a ter un aspecto diferente á outra); Bordo (irregular, ondulado ou mal definido); Cor (diferentes tons de marrón e negro no mesmo lunar aínda que ás veces pode ser branco, vermello ou azul); Diámetro (pode variar dun tamaño pequeno ata máis de 6 centímetros) e Evolución (vai cambiando de forma ou de cor). Outros cambios poden ser a aparición de dor no lunar, picazón ou sangrado. 80-100 diagnósticos ao ano

A Unidade de Melanoma do Chuvi diagnostica cada ano entre 80-100 melanomas. Unha cifra que está aumentando nas últimas décadas debido, entre outras causas, ao cambio de hábitos de fotoexposición. De feito, a maior prevaleza prodúcese nos maiores de 50 anos motivado por unha excesiva, e non necesariamente prolongada, exposición á radiación UV.

A vía rápida para pacientes con sospeita de melanoma atendeu o ano pasado a uns 300 pacientes, a maioría procedentes das consultas de Atención Primaria.

Por isto é necesario protexerse adecuadamente do sol, sobre todo nos meses de verán. Entre as principais recomendacións, a doutora Posada indica limitar a exposición ao sol, evitar as horas centrais do día; usar roupa protectora, lentes e sombreiros; e aplicar fotoprotectores con alto índice de protección fronte a UVA e UVB nas áreas do corpo descubertas. Esta aplicación convén facela 30 minutos antes da exposición e repetila cada 2 horas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00