SER Deportivos Lugo
Baloncesto | Deportes

Paco Basanta analiza á fichaxe celeste de Justus Hollatz, procedente do Hamburg Towers

O xoven chega cun futuro prometedor, mais incomparable co de Musa

Paco Basanta analiza a fichaxe de Justus Hollatz polo Breogán

Lugo

Justus Hollatz vestirá a celeste do Río Breogán 2022/23. É a primeira fichaxe do equipo celeste e as reaccións entre os sirareiros pouco se fixeron agardar. A meirande parte deles concordan: Boa incorporación.

O basinternacional procedente de Alemaña, e considerado como un dos mellores xogadores novos europeos no seu posto, militaba entre as filas do Hamburg Towers a tempada pasada. O mozo contaba con ofertas sobre a mesa, a máis relevante a do equipo italiano Partizan. "A cuantía económica era maior ca ofertada polo Breogán, pero o roll sería moito máis secundario", puntualizaba o comentarista deportivo da Cadena SER, Paco Basanta.

As conversas e as negociacións se apuraron esta fin de semana e o sábado pola maña xogador, axencia e CB Breogán oficializaban o acordo.

Hollatz é internacional absoluto con Alemaña. Nos catro últimos partidos da ventá de clasificación para o mundial coa selección, en 25 minutos de xogo, asinou 10,8 puntos e 4,8 asistencias por partido.

Dende a partida de Musa son moitos e moitas as que buscan nas futuras incorporacións ao equipo de Lugo certos paralelismos co caso do bosnio. Un rapaz xoven, con calidade e un pasado frustrado. "As características de Justus non teñen nada que ver coas de Musa. É bo xerador, pero o promedio anotador nada ten que ver", matiza Basanta.

O xoven ven a Lugo para ausmir galóns na dirección do equipo, cun gran futuro por diante, pero que ninguén busque comparacións "porque sería absurdo". Basanta cre que este novo plantel caracterizarase por un xogo coral, sen grandes protagonistas.

Segundo o Río Breogán, o base "é un xogador en clara progresión e, a pesar da súa mocidade, xa afeito a levar o peso do seu equipo como primeiro base director con capacidade para anotar e gran pasador, e chega a Lugo tras ser recoñecido nas dúas últimas tempadas como mellor xogador novo na Bundesliga".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo