Gerardo Flórez: “Una persona necesita unos tres intentos para conseguir dejar de fumar”
O encargado da Unidade de Condutas Aditivas do Hospital Santa María Nai afirma que con persistencia e apoio, deixar de fumar é posible
Un hombre camina junto a un grafiti antitabaco. / YAHYA ARHAB (EFE)
Ourense
Hoxe é o Día Mundial Sen Tabaco. Un día para lembrar os perigos que supón o seu consumo. Hugo Gómez é pneumólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e advirte que "el tabaquismo es una enfermdad crónica, sistémica y prevenible. Es la principal causa de enfermedad en los seres humanos, el principal factor de riesgo para las ocho causas de muerte a nivel mundial”.
Os efectos de tabaco dos que nos pode falar Hugo son visibles nas propias caixas. Porén, parece que esas advertencias non acaban de funcionar perante os que comezan a fumar. Gerardo Flórez é responsable da Unidade de Condutas Aditivas situada no Hospital Santa María Nai, afirma que as mensaxes das caixas axudan ás persoas que están a deixar de fumar, pero non disuade aos que se inician neste hábito.
Nesta Unidade teñen un programa contra o tabaquismo, que parte dun convenio entre a Consellería e a ONG Unidade Asistencia As Burgas, que é gratuito. Pola súa banda, dende a Asociación Contra o Cancro, súmanse a unha iniciativa para reducir o consumo do tabaco, causa do cancro en case un 30% dos doentes. Germán Rodríguez-Saá é presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense e explica que “es necesario trabajar en desnormalizar el tabaco. Lo acompañamos de una acción muy puntual que consiste en una recogida de firmas para que la Alameda de Ourense sea un espacio libre de humo”.
Las estadísticas dicen que los que comienzan a fumar lo hacen antes de los veinte años y, quien acude a consulta, ya lo hace con más de cuarenta por algún problema de salud física.