Sociedad

O Concello de Pontevedra pretende abrir os xardíns de Santa Clara ao público conservando o "misterio" do Convento

Seis meses despois da adquisición do convento de Santa Clara, o concello de Pontevedra fai balance de visitantes sentíndose gratamente sobrepasado polo interese dos cidadáns con máis de 15.000 visitas aos xardíns. O concello procede agora ao análise arqueolóxico de todo o entorno patrimonial

Hoxe cúmprense seis meses da compra do Convento de Santa Clara por parte do Concello de Pontevdra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que para él foi un dos días máis importantes na historia da cidade, e fixo balance deste semestre no que se viron "agradablemente desbordados" polo interese dos cidadáns en descubrir os segredos que se agochan no seu interior tras 750 anos de clausura.

Nestes primeiros seis meses de apertura ao público, máis de 15.000 personas visitaron os xardíns do convento. Agora, dentro das actuacións previstas polo Concello para avaliar todo o valor patrimonial do convento e os seus xardíns, comezarán os traballos dunha profunda análise arqueolóxico.

Cando esta análise remate, a intención do Concello e abrir ao público os xardíns de Santa Clara para integralos na cidade. Por un lado, estúdase a posibilidade de comunicar os xardíns coa rúa Santa Clara, o que precisa de diálogo coa Igrexa para obter os permisos necesarios. Por outro, sopésase a opción de comunicar os xardíns de Santa Clara coa Praza de Barcelos, onde se necesitan os informes favorables de Patrimonio para proceder a calquera tipo de actuación, xa que é primordial conservar a estructura do muro que separa o Convento da praza.

Entre as propostas para a unión co entorno de Barcelos, considéranse varias fórmulas para salvar o desnivel de máis de tres metros. Unha opción é a creación dunha porta nesa cota e logo ocupar espazo do xardín para facer o acceso neste lugar; ou facer algunha actuación dentro da praza de Barcelos que xa leve ao visitante até a cota do xardín, unha especie de paso soterrado, que "manterí o misterio entre Santa Clara e a cidade á hora de chegar e ver algo que non es quen de ver desde fóra" sinala o alcalde, quen tamén propón xeitos de facelo: "Ramplas, ascensores, escaleiras… Poden ser moitas cousas, pero veremos que permite Patrimonio e así será metido como condicionante para facer un proxecto definitivo á hora de rehabilitar Santa Clara e abrilo ao público"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00