Gente

Chea de actividades no Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Ribadavia

Ademáis haberá xornadas de portas abertas

Fachada da Casa da Cultura de Ribadavia / red

Radio Ribeiro

O Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia, realizarán durante a vindeira semana as audicións de fin de curso, a cargo dos alumnos de todas as especialidades instrumentais.

O luns día 6, as 8 do serán turno para a audición de clarinete, saxofón e percusión, o martes a mesma hora haberá audición de frauta e piano, o mércores tamén as 8, audición de guitarra e por último o xoves en dous horarios: as 6 será o momento para a audición de música e movemento e as 8 audición de trompeta e violín.

Ademáis durante os días do 6 a o 9 de xuño, realizáranse as xornadas de portas abertas, para todas aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo da música, e coñecer os distintos instrumentos que se imparten no centro.

Os días e horas desta actividade , poderánse consultar no facebook do centro, na web do concello de Ribadavia e na casa de cultura.