Víctor Freixanes alerta de que perder os microtopónimos galegos sería renunciar ao noso patrimonio
Toponimízate impartirá cursos en 17 concellos como Oleiros, Sada ou Zas
A Coruña
A campaña 'Toponimízate' da Real Academia Galega para a promoción dos nomes propios das localidades galegas impartirase en 17 concellos como Sada, Oleiros ou Zas. A quinta edición desta iniciativa centrarase na difusión e promoción do valor cultural e lingüistico da toponimia galega.
O presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou a importancia dos nomes que caracterizan as nosas localidades. Asegura que son parte da memoria histórica e do patrimonio cultural de Galicia e que é fundamental que a cidadanía se implique na recuperación e uso das microtoponimias que se perden día tras día.
Pola súa banda, o responsable de Política Lingüística da Xunta tamén fixo fincapé “na importancia deste patrimonio inmaterial que temos o deber de protexer, coidar e divulgar, especialmente nas novas xeracións”.
As charlas que se impartirán no marco de ' Toponimízate' levarán a cabo en concellos nos que os microtopónimos sofren maior risco de desaparecer do 17 de xuño ao 25 novembro.
Durante a presentación o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicaron que as sesións de Toponimízate, como en edicións anteriores, serán impartidas por Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, contando coa colaboración do académico electo Gonzalo Navaza na elaboración das etimoloxías.