Sergi García ficha polo Río Breogán
Tras Justus Hollatz, o base zurdo convértese na segunda incorporación do equipo
Lugo
O Río Breogán segue a apuntalar a dirección de xogo. Tras Justus Hollatz chega o base zurzo Sergi García. Formado no Club Sant Josep Obrer de Palma, o xogador militou a pasada campaña nas filas do Gran Canaria.
Segundo destacan no comunicado oficial dlo clube lucense, publicado durante o medio día , "o novo xogador do Río Breogán é un base zurdo, rápido, con envergadura física que lle permite ser polivalente e poder defender en todas as posicións exteriores e conta con gran capacidade de dirección."
Sergi García foi nternacional con España en todas as categorías de formación, tamén participou en convocatorias das Ventás FIBA co combinado absoluto.
O novo xogador celeste conta con experiencia en Liga Endesa (Zaragoza, Valencia, Manresa, Baskonia, Andorra e Gran Canaria), cun paso pola liga alemá ( SC Rasta Vechta).
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo