Sociedad | Actualidad

A Xunta fai un chamamento para manter as praias limpas na noite de San Xoán

A conselleira de Medio Ambiente visita a praia de Caión, na Laracha

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do alcalde, José Manuel López, visita a praia de Caión con motivo da próxima celebración do San Xoán. / MONCHO FUENTES

A  conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do alcalde, José Manuel López, visita a praia de Caión con motivo da próxima celebración do San Xoán.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo un chamamento á cidadanía para manter as praias limpas de lixo na noite de San Xoán

Durante unha visita este sábado á praia de Caión, no concello coruñés da Laracha, a conselleira insistiu na importancia de gozar da noite "sen deixar pegada" e garantir, deste xeito, "a boa conversación nos areais". "Non debemos deixar atrás os residuos que xeremos, senón que temos que depositar cada un no contedor correspondente", afirmou.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, os tres obxectivos a perseguir son protexer a biodiversidade, os recursos hídricos e o chan; sensibilizar aos participantes nestas celebracións, e evitar a produción de residuos e reutilizar ou reciclar os residuos xerados.

Nesta mesma liña, Ángeles Vázquez destacou a actividade '1 metro cadrado contra a basuraleza' do Proxecto Libera de SÉ/ Birdilife, en alianza con Ecoembes, co que a Xunta colabora desde fai máis de cinco anos.

Esta iniciativa ten como finalidade concienciar sobre o impacto ambiental da basuraleza e mostrar o compromiso da sociedade coa protección e preservación do medio ambiente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00