La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Nigrán

O Concello de Nigrán ilumínase de verde este martes

O obxectivo de visibilizar a enfermidade da ELA e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día

ELA / Lucha Mundial contra la ELA

Vigo

O 21 de xuño celébrase o Día Mundial da ELA e o Concello de Nigrán unirase iluminando de verde a Casa Consistorial . Con motivo deste día, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, en colaboración coa Confederación Nacional de Entidades de ELA ( ConELA), lanzaron a Campaña # LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse de verde co obxectivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día. En 2021 uníronse 256 concellos de toda España iluminando 345 monumentos emblemáticos, e a nivel internacional sumáronse Colombia e Panamá.

En Galicia iluminaranse de verde máis de 72 edificios, entre os que se atopan: o Edificio Administrativo de San Caetano e a Cidade da Cultura de Galicia, a Subdelegación do Goberno de Ourense e Lugo, os edificios das Deputacións da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo; a Torre de Hércules, o Hospital e a Fundación San Rafael, entre moitos outros que se poden consultar na web de AGAELA: https:// agaela.es/ luzporlaela-2022/.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00