Os detidos polo homicidio de Mazaricos pasan a disposición xudicial
Dous deles terán a obriga de comparecer no xulgado unha vez ao mes e o terceiro deberá facelo semanalmente
Carballo
Os tres individuos detidos en relación á aparición dun corpo sen vida o pasado 14 de novembro en Mazaricos xa pasaron a disposición xudicial. A xuíza titular do Xulgado número 1 de Muros tomou declaración aos investigados e decretou a súa posta de liberdade. Dous deles terán a obriga de comparecer no xulgado unha vez ao mes e o terceiro deberá facelo semanalmente. A maiores, ningún deles poderá abandoar España. A estes tres detidos hai que sumar unha cuarta persoa que prestou declaración o pasado 2 de xuño como investigado, inda que neste caso non foi detido. A esta cuarta persoa tamén se lle impuxo a prohibición de viaxar fóra de España e a obligación de comparecer en sede xudicial unha vez ao mes. A todos eles se lles investiga por un delito de homicidio imprudente e outro de omisión do deber de socorro.
Os feitos tiveron lugar o pasado 14 de novembro. Unha veciña de Mazaricos atopou nun camino de terra a menos dun quilómetro do lugar de Atán o corpo sen vida dun varón. A Garda Civil iniciou unha investigación para aclarar as causas da súa morte a pesar de non presentar sinais de violencia. O instituto armado determinou que o falecido estivera consumindo bebidas alcohólicas na casa dun dos detidos. A autopsia atopou importantes concentracións de alcohol no sangue do falecido. Segundo as pesquisas da Garda Civil, os tres detidos viñan de pasar unha noite de festa cando recolleron á vítima, un veciño de Mazaricos que se dirixía camiñando ao lugar da Picota. Unha vez da vivienda dun dos detidos ofrecéronlle gran cantidade de bebidas alcohólicas “que bebió de forma ingente y continuada, toda vez que su incapacidad le impedía ser consciente de sus actos”. Pasado un tempo a vítima esvaeu e posteriormente faleceu. Segundo a investigación, os detidos introduciron o corpo do falecido nun vehículo para conducilo ata o lugar onde foi abandoado.