Ricardo Fernández: “Las infecciones por bacterias resistentes a antibióticos son un problema mundial”
O xefe da unidade de infecciosas do CHUO chama ao optimismo con prevención
Ourense
Ricardo Fernández é o xefe da unidade de infecciosas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Fernández leva corenta anos de profesión, a súa residencia médica coincidiu cos peores momentos da epidemia da SIDA. Precisamente sobre estes temas falouse ao longo da mañá no salón de docencia Cabaleiro Goás, onde tivo lugar a XXI xornada de actualización de enfermedades infecciosas.
De feito, a experiencia con epidemias anteriores axudou no tratamento da COVID, tal e como conta Ricardo Fernández: “El tratamiento de otras epidemias ayudó. Con el SIDA se formaron muchas unidades de infecciosas, también atendimos la Gripe A, aunque la experiencia era relativa. La COVID-19 era algo nuevo”.
A pandemia supuxo un reto e unha aprendizaxe para os equipos médicos. As cifras e as consecuencias da COVID-19 evolucionaron en moi pouco tempo o que deixa debuxar o optimismo no horizonte, tal e como nos confirmou Fernández.
Porén, dende a unidade de infecciosas consideran que debería mellorar a preparación en sistemas de alarma e vixilancia epidemolóxica en todo o mundo, aínda que non se sabe nin cando nin como pode sobrevir outra pandemia. Non obstante, hai outra pandemia silenciosa que son as infeccións por bacterias que non responden a antibióticos e que “es un problema mundial, la OMS lanzó varias alertas para que participemos todos mejorando esta pandemia”.
Por tanto, a mensaxe que lanza o xefe da unidade de infecciosas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense Ricardo Fernádez perante as enfermidades infeccionsas é de optimismo, pero tamén de chamada á prevención.