Sociedad | Actualidad

Falece un mozo de Malpica en accidente de tráfico

O exceso de velocidade parece ser a causa

Ambulancia do 061 / Sergas

Un mozo residente no concello de Malpica é a nova vítima rexistrada nas estradas da bisbarra. Sergio Collazo Ures, de 31 anos, morreu nesta pasada madrugada logo de que o seu vehículo saira despedido nunha rotonda coa que impactou.

Segundo as primeiras investigacións o coche da vítima, un Audi deportivo, bateu cunha rotonda da estrada que une Buño con Ponteceso. Segundo fontes municipais, a consecuencia do impacto, o automóbil saiu voando uns 30 metros, indo a caer nun lugar próximo lonxe do alcance da vista daqueles que transitasen por esa vía.

Foi a primeira hora da mañán, ao redor das oito, cando os operarios do servizo de recollida do lixo de Malpica viron parcialmente o coche accidentado. Tras dar aviso ao 112, os efectivos trasladados ao lugar do accidente xa non puideron facer nada por salvar a vida do mozxo.

O falecido residía en Leiloio e a nova da súa morte está a causar un fondo pesar entre amigos e veciños do lugar. O corpo da vítima foi trasladado ao CHUAC para a realización da autopsia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00