A Carreira Popular de Leiro reunirá máis de 550 deportistas
Este domingo día 3 de xullo, a XXXVIII da Carreira Popular de Leiro reunirá a máis de 550 deportistas

Presentación da XXXVIII Carreira popular de Leiro. Asisiten Cesar Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense),Manuel Pérez (Representanta de Xunta), Ramón Álvarez (Tenente de Alcalde de Leiro), e Luis Iglesias Raña e Jorge Janeiro Rodríguez (Organizadores da proba). / Alberte Paz

Esta nova edición da Carreira Popular de Leiro, patrocinada pola Deputación de Ourense a través do Inorde, xa pechou o prazo de inscrición con máis de 550 participantes, un completo éxito segundo remarcan dende a organización.
Esta proba está incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, consta dubs 10 quilómetros na sua categoría absoluta e diferentes distancias para o resto de categorías, que comprenden dende os 5 quilómetros ata os 250 metros na categoría de pitufos.
A proba permitirá a participación por equipos na máxima categoría, debendo rematar a proba como mínimo seis corredores do mismo equipo para optar á clasificación.




