O Festival TerraCeo volve esta fin de semana
As entradas para o concerto de TerraCeo da vindeira semana da mexicana Lila Downs e SÉS están a piques de esgotarse: só quedan 50 á venda.

Concierto de la pasada edición del festival / D.L

Vigo
O Festival TerraCeo volve esta fin de semana por partida dobre á espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo. Este venres 1 de xullo será a quenda de Soleá Morente e a viguesa dani e o sábado haberá unha xornada adicada á música galega con Berto e Familia Caamagno. O venres, o Hall do Mar de Vigo acollerá ademais a festa de apertura do verán Vigo Open Summer, Vigo Me Mata, na que actuarán recoñecidos dj’s como Groove Amigos, Luigii López ou Dumore. As actuacións na terraza comezan ambos días ás 21.00 horas e o Vigo Open Summer comenzará ás 23.00 horas.
A terraza do Mar de Vigo acollerá este venres a esperada actuación de dúas das artistas máis interesantes do momento, como son Soleá Morente e a viguesa dani. Morente chega ao solpor de TerraCeo para presentar o seu novo traballo ‘Aurora y Enrique’, un fermoso disco de homenaxe ós seus pais, o mítico cantaor Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell, cheo de cancións profundas e sentidas, pero tamén da súa mestura característica de aires de flamenco e pop. Xusto esta semana, acaba de lanzar o videoclip da canción ‘Domingos’, dirixido polo cineasta Isaki Lacuesta, e onda canta coa galega Isa Cea, da banda Triángulo de Amor Bizarro.
Antes que Soleá Morente actuará a viguesa dani, que coa súa mestura de pop, indie e electrónica, está considerara pola crítica como unha das artistas con máis proxeción do momento. Daniela Díaz Costas pertence a unha familia de ampla tradición musical en Vigo, xa que é filla de Silvino Díaz e Rosa Costas de Aerolíneas Federales e sobriña de Miguel Costas, que fora membro de Siniestro Total. A artista presenta na súa cidade ‘Posdata’, o seu novo traballo cheo de músicas bailables.




