As Distance Sisters ofrecerán en Castrelo de Miño “rock, blues e diversión”
O grupo ourensán dará un concerto o xoves ás nove no Parque Naútico de Castrelo de Miño
Entrevista coas Distance Sisters en Radio Ribeiro Cadena SER
Castrelo de Miño
Ana (cantante e guitarra), Montse (guitarra solista), Lucía (batería) e Paula (baixo) son as Distance Sisters. Decidiron poñer ese nome á banda porque cando naceu, no confinamento, estaban en distintos lugares.
O xoves 7 de xullo actuarán no Parque Naútico de Castrelo ás nove, un concerto que forma parte dos Xoves da Risco. Trátase dunha xornada musical e gastronómica que promove a Fundación Vicente Risco. Desta volta non será na Fundación, pois preparouse en colaboración co Naútico. A parte musical corre a cargo das Distance Sisters, a nivel gastronómico cata de viño de Trasalba e de aceite de Cenlle, tal e como nos confirmou Celia Pereira, presidenta da devandita Fundación.
As Distance Sisters pasaron polos micrófonos de Radio Ribeiro Cadena SER para contarnos que xa teñen unha axenda cada vez máis chea de concertos por diante, que naceron sen un obxectivo definido, pero que están a traballar en temas propios. Ademais, subliñan a falta de referentes femininos e as ganas con que o público está a volver aos directos.