Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Espazo Fest o festival dos pazos de Nigrán,

As entradas para a actuación de Taburete no Pazo de Cea o 5 de agosto están a piques de esgotarse

Vigo

Espazo Fest o festival dos pazos de Nigrán, que secelebrou con gran éxito por vez primeira o pasado verán, terá unha segunda edición ecelebrarase este ano entre os meses de xullo e agosto nos pazos de Urzáiz e de Cea e noque o Concello de Nigrán colabora a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A segunda edición do certame foi presentada esta mañá no Concello de Nigrán coapresenza de Juan González, alcalde de Nigrán, María Baltar, directora de festival EspazoFest , e Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, en representación de Cervezas Alhambra, quen por segundo ano consecutivo volven prestar o seu apoio a esteevento que ten lugar en espazos máxicos e singulares como son os Pazos de Nigrán, onde acervexeira convida a saborear as súas referencias ao compás das mellores propostasmusicais.

Ademais da xa anunciada presenza de Taburete no Pazo de Cea o 5 de agosto, súmansepor agora catro datas máis no cartaz do festival, ademáis da artista Roma abrindo para a banda madrileña esa noite. As catro actuacións restantes terán lugar nos espléndidos xardíns do Pazo de Urzáiz. O 22 de xullo terá lugar a primeira das actuacións coa potente banda de versións rock No More Bullshit, o 6 de agosto chega Soto Asa, unha das rutilantes estrelas da música urbana actual, que xa ten colaborado con Yung Beef ou coa mismísimo Bad Gyal; o 12 de agosto será a quenda de Pol 3.14, o artista que se converteu nun fenómeno de masas co tema ‘No Time’, que funcionou como banda sonora da última temporada da popular serie ‘La Casa de Papel’, e o 13 de agosto está confirmada a vibrante banda de soul viguesa The Soul Jacket, que presentarán o seu novo traballo, ‘Kick Radio’, eestarán precedidos da actuación da viguesa MaríaSOA.

Espazo Fest naceu o pasado ano como unha alternativa ao aire libre, para poder gozar os concertos malia as restriccións da pandemia. O concepto do festival pasa pola música nos xardíns dos pazos de Nigrán cunha conexión coa gastronomía e o patrimonio.

A idea tivo unha gran acollida, e máis de 6.000 persoas pasaron o pasado verán pola primeira edición do festival, que contou con artistas como Iván Ferreiro, Coque Malla, Marlango, Carlos Sadness ou La Bien Querida. Este ano tamén está previsto a presenza debandas locais, seguindo a filosofía de combinar artistas consagrados con oportunidadespara grupos emerxentes.

Estas actuacións que teñen lugar antes da actuación principal, lévanse a cabo en pequenosrecunchos con encanto dos pazos, que van desde hórreos a pombais, pasando por un lagarou unha fonte blasonada. A proposta do festival é vivir unha experiencia singular na que amúsica sexa un reclamo para achegarse a ese tesouro pouco coñecido que é o patrimonio

arquitectónico dos pazos. Trátase de desfrutar destes espazos, moitos deles pechados

habitualmente ao público, e deixarse envolver pola natureza dos xardíns onde medranmagnolios señoriales e camelias centenarias. Cada unha das actuacións terá un aforomáximo de 2.000 persoas de pé, e nas vindeiras semanas está previsto o anuncio de novos grupos.

Todas as entradas están á venda a través de espazofest.com e teuticket.com, e as

localidades para o concerto de Taburete, que xa levan días á venda, van camiño de esgotarse.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir