Vitrasa pon en marcha un servizo con venda de billete online anticipada para a lanzadeira do concerto de Serrat
O prezo do billete corresponde á tarifa ordinaria de transporte (1,40€). Os usuarios PassVigo poderán beneficiarse da tarifa bonificada no momento da compra online.

Un autobús de Vitrasa. / Archivo

Vigo
Vitrasa pon a disposición dos usuarios un servizo especial de lanzadeira con venda online anticipada de billete con motivo do concerto de Joan Manuel Serrat, que actuará en Castrelos o vindeiro domingo 10 de xullo.
Co fin de que os cidadáns poidan planificar a súa mobilidade con antelación ó recinto e garantir a súa praza no transporte público, o billete para o servizo de lanzadeira desta cita pode adquirirse de forma anticipada na web de Vitrasa (vitrasa.es), na web do
Concello de Vigo ou na aplicación de venta online Woutick!. O prezo do billete é o correspondente á tarifa habitual de transporte público. Aqueles usuarios que dispoñan de tarxeta PassVigo poderán introducir o seu número de tarxeta para beneficiarse da tarifa bonificada correspondente ó seu perfil no momento da compra.
A lanzadeira estará dispoñible á finalización do concerto e dará servizo as seguintes rúas: Castrelos – Camelias – Venezuela – Urzáiz – García Barbón – Sanjurjo Badía – Travesía de Vigo – Pizarro – Praza de España – Gran Vía. Para acceder á lanzadeira, os usuarios simplemente teñen que aportar o seu billete anticipado impreso ou no teléfono móbil. Vitrasa recorda ós usuarios que para acudir ó inicio do concerto, dispoñen da red habitual de transporte público.
Este sistema repetirase para as demais citas musicais en Castrelos, como o concerto de Sebastián Yatra. A información para cada evento estará dispoñible en vitrasa.es, na web do Concello de Vigo e en Woutick.es




