Ocio y cultura

A Academia dedicará o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

A Real Academia Galega defíneo como "loitador incansable pola cultura", aberto a tódalas expresións do galeguismo

Francisco Fernández del Riego

A Coruña

A Real Academia Galega dedicará o próximo ano o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010). Así o acordou o pleno da institución na súa reunión desta mañá na Coruña. Fernández del Riego foi precisamente inspirador da celebración o 17 de maio do Día das Letras. E o vindeiro ano se cumpriranse 60 anos da súa primeira edición e 110 anos do nacemento do autor ao que se renderá homenaxe en 2023.

Francisco Fernández del Riego foi membro da xeración de intelectuais que deu continuidade ao ideario do Grupo Nós, segundo sinala a Academia nun comunicado. Defíneo como "loitador cultural incansable" que se converteu "nunha auténtica institución en Galicia", respectado por todos e aberto a todas as manifestacións do galeguismo.

Fernández del Riego foi un dos fundadores da editorial Galaxia a comezos dos anos 50 e presidente da propia Real Academia Galega de 1997 a 2001, entidade á que se incorporou en 1960.

Foi membro do Partido Galeguista, do Seminario de Estudos Galegos, articulista, ensaísta, autor de libros de viaxes, profesor universitario, conferenciante e integrante da comisión encargada de redactar o proxecto do Estatuto de Galicia.

Fernández del Riego refuxiouse en Vigo despois de que o franquismo o destituíse como profesor de Dereito Civil na Universidade de Santiago. O autor viuse obrigado tamén a usar varios pseudónimos para continuar coa súa actividade.

"Paco del Riego é a crónica da resistencia e da dignidade do galeguismo ó longo do século XX", resumiu o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, ó dar a coñecer o nome da persona a quen se dedicará o Día das Letras. "Sempre foi o músculo e o alento" dos intelectuais da época para impulsar a súa actividade e demandas.

Marcos Sanluis López

Marcos Sanluis López

Director de Contenidos de Radio Coruña Cadena SER. Licenciado en Periodismo por la Universidad de Santiago...

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00