Hora 14 Vigo
Sociedad
Vitrasa

Servizo autobús urbano para as Festas de Bouzas 2022

Para acudir ás festas en horario diurno, os usuarios contan coas liñas da rede habitual con paso por Bouzas: C3, 10, 13, 15B, e 15C.

Archivo

Vigo

Con motivo da celebración das festas de Bouzas, o venres 15 e o sábado 16 de xullo Vitrasa habilitará como é habitual un reforzo da liña nocturna (N1) para dispoñer dunha frecuencia de paso nesta fin de semana de 25 minutos (entre liña e reforzo).

Os itinerarios a realizar serán os seguintes: N1 (Avda. Europa – Avda. Castelao - Pza. América - Camelias - Venezuela - Gran Vía - Urzáiz- Príncipe - Trav. Vigo - Buenos Aires - S. Badia - G. Barbón - P. Sanz - V. Moreno - García Olloqui – Cánovas del Castillo - Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela - Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique - Tomás Alonso – Camilo Veiga - Avda. Atlántida - Avda. Samil.). R1 (Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. Eugenio Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz/Príncipe – Urzáiz – Trav. Vigo – Dr. Canoa (San Lourenzo) – García Barbón. Volta: García Barbón – Colón – Urzáiz – Gran Vía – Venezuela – Pza. do Rei – Camelias – Pza. América – Avda. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga).

Para acudir ás festas en horario diurno, os usuarios contan coas liñas da rede habitual con paso por Bouzas: C3, 10, 13, 15B, e 15C.

Por mor dos fogos artificiais, o domingo 17 de xullo as liñas que teñen paso por Bouzas serán reforzadas. Co remate do espectáculo pirotécnico (a partir das 23:45h e ata as 01:00h.) disporase dun servizo especial que funcionará cunha frecuencia de 15 minutos co seguinte percorrido: Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. E. Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Sanjurjo Badía – Buenos Aires - Trav. Vigo – Pizarro – Pza. España – Gran Vía.

A información completa sobre percorridos e horarios detallados está dispoñible como de costume en vitrasa.es e Vigo App.