La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad

Nigrán estrea un roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa

A andaina gratuita comezará o mércores na Ponte da Ramallosa ás 20:00 horas

Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este mércores 20 de xullo coas súas andainas da programación de verán cun roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga. O 24 de agosto repetirase este mesmo roteiro á mesma hora e no mesmo punto de partida.

Os seguinte roteiro será 'A praia dos Afogados' o 27 de xullo dende a praia da Madorra, andaina baseada no libro de Domingo Villar (31 de Agosto se repite). A continuación será un roteiro por Monteferro o 3 de Agosto (saída dende a praia da Madorra) e outro pola Camiño Portugués pola Variante Litoral o 17 de agosto (saída desde a ponte romana da Ramallosa), sumado ao xa mencionado do día 24 de agosto. Todos partirán ás 20:00 horas para evitar a calor do día.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad