Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ferido un condutor ao chocar contra unha vivenda en Corcubión

Ambulancias del 061 / Xunta de Galicia

Ambulancias del 061

Corcubión

Un home resultou ferido e tivo que ser excarcerado despois de saírse da vía o turismo que conducía ao seu paso polo concello coruñés de Corcubión, onde impactou contra unha vivenda.

O accidente ocorreu sobre as 16,45 horas deste luns. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por un particular que chamou á central de emerxencias, o home sufriu unha saída de vía e finalizou chocou na contra unha casa mentres conducía pola AC-445, entre os puntos quilométricos 3 e 4.

Debido á posición na que finalizou o turismo, o ferido necesitou axuda para abandonalo. Foron avisados os Bombeiros de Cee, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ferido.

Ata o punto tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros de Protección Civil da localidade e servizo de mantemento de estradas. O condutor foi evacuado polos profesionais do 061 ao centro hospitalario de referencia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir