Sobral e Rábade esgotan as entradas para o Terraceo
O vindeiro venres 26 de agosto terá lugar tamén na terraza a actuación de Cimafunk

(Salvador Sobral)

Vigo
O concerto do Festival TerraCeo no Mar de Vigo, que reúne este venres ao pianista Abe Rábade e ao cantante Salvador Sobral, vén de esgotar todas as súas entradas a falta de dous días para a súa celebración. Será un concerto único no que ambos artistas compartirán o seu amor polo jazz e unha conexión máis alá do escenario, algo que se reflicte nas súas múltiples colaboracións artísticas. Todo este imaxinario plasmarano nun concerto inédito que viviremos este venres a partir das 21.00 horas no festival TerraCeo, co aforo completo.
Salvador e Abe conservan unha amizade forxada desde a admiración mutua. Divírtense improvisando, probando novos temas, musicalizando poemas ou interpretando estándares clásicos do jazz desde outra perspectiva. Este será probablemente un concerto inclasificable, que buscará a beleza e a liberdade na interpretación




