A auga de Malpica volve a ser apta para o consumo
As análises amosan o descenso dos trihalometanos
Malpica
Malpica volve a ter en condicións de consumo a auga da traída. As análises efectuadas nas últimas horas desvelan un descenso nos trihalometanos, substancia que provocou a prohibición do consumo da auga e obrigou a mercar case 60.000 botellas de auga embotellada ás autoridades municipais. O depósito de auga de Pedraqueimada amosa uns valores conforme aos requisitos esixidos por Sanidade.
Os núcleos de Beo, Camuza, Cancela de Areas, Pedreiriña, Pontella Seais, Sorrio, Vigo, A Vista, Os Medros, Camarada e o casco urbano malpicán poden consumir de novo á auga da billa, algo que non podían facer desde a detección do problema o pasado día 13.