Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Rescatadas en helicóptero dúas persoas tras afundirse a súa embarcación na ría de Corcubión

Os dous ocupantes rescatados, aparentemente en bo estado de saúde, foron trasladados en primeiro lugar ao aeroporto de Vigo e finalmente ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Helicoptero 061 / @HelicoSantiago

Helicoptero 061

Dúas persoas foron rescatadas en helicóptero tras afundirse a súa embarcación na ría de Corcubión (A Coruña) durante a noite deste xoves.

Os dous ocupantes rescatados, aparentemente en bo estado de saúde, foron trasladados en primeiro lugar ao aeroporto de Vigo e finalmente ao Hospital Álvaro Cunqueiro para recibir asistencia sanitaria.

O Servizo de Gardacostas de Galicia alertaba ao 112, pouco antes das 22 horas, da mobilización do helicóptero de rescate Pesca I a pedimento de Salvamento Marítimo de Fisterra.

A embarcación dos rescatados non volvera ao porto de Camariñas. Ademais, un familiar das persoas desaparecidas púxose en contacto coa Garda Civil ao non saber nada delas desde a mañá.

Os dous tripulantes saíran da zona de Lobeiras e os seus achegados non volveran a saber deles. O helicóptero de rescate localizounos nunha zona rochosa da Illa Moza, no arquipélago de Illas Lobeiras, en plena ría de Corcubión. Segundo a propia versión dos protagonistas, a embarcación envorcara e, probablemente aínda que non o sabían a ciencia certa, afundiuse.

Un buque de Salvamento que estivo a explorar a zona non tivo éxito á hora de atopar a embarcación. Por precaución, Salvamento Marítimo de Fisterra non deu por pechada a operación e tiña previsto mobilizar novos medios coa luz do sol para tentar localizar o barco accidentado, e retiralo no caso de que puidese supoñer algún risco para a navegación.

Para este operativo tamén foron informados os efectivos de Protección Civil de Corcubión e Camariñas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir