Ocio y cultura

Baiuca, no Festiletras de Ponteceso; Susana Seivane, en Cee

A Deputación da Coruña colabora na organización do Festiletras

El proyecto BAIUCA en acción / Baiuca

Ponteceso acolle desde este xoves e ata o 4 de setembro, na aldea do Couto, o festival 'Festiletras', organizado pola Fundación Pondal, en colaboración coa Deputación da Coruña.

O festival ofrecerá un concerto de Baiuca, unha intervención de arte mural de Mutante Creativo e subidas en globo aerostático para todo o público durante o 'día da provincia', que terá lugar o sábado.

Nesta ocasión, as áreas de Turismo e Cultura achegaron subvencións de 16.000 e 23.000 euros, respectivamente, segundo explica o organismo provincial sobre o contido da súa colaboración.

Para o vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable de Turismo, Xosé Regueira, 'Festiletras' "forma parte verdadeira do patrimonio inmaterial do territorio da Costa da Morte e mesmo de todo o país".

Neste evento, a Deputación instalará no Couto unha caravana informativa para "divulgar o importante labor de fomento" que fai a institución "tanto no ámbito cultural, como nos premios literarios, artísticos e musicais que convoca cada ano", así como nos festivais e outras actividades programadas a través da Rede Cultural.

Desde este xoves e ata o próximo día 4 de setembro, O Couto ofrece un programa que inclúe concertos, contacontos, artesanía e talleres científicos e literarios.

Quico Cadaval, Celso Fernández, Guti, Rodrigo Cuevas, Baiuca, Belem Tajes, Oîma, Zënzar, Xabier Díaz e Adufeiras, Rosalía Fernández Rial, Mutante Creativo, Cestola na Cachola, Juan Rivas, Rosa Aneiros, Miguel Mato, Suso Lista, Alexandre Nerium, Sabela Fernández, Erica Esmorís, Olaia Sendón e Omar Rabuñal son algúns dos artistas, escritores e divulgadores que participarán nesta edición de Festiletras.

Susana Seivane ofrecerá un concerto o venres en Cee

Susana Seivane actuará o venres en Cee, na praza do concello, a partir das 22,00 horas, dentro da programación incluída no ciclo de 'Concertos de Xacobeo'.

A presentación do mesmo tivo lugar na casa do concello coa presenza, entre outros, da propia Seivane e do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que destacou a "maneira excepcional de entender a gaita e o virtuosismo" desta artista.

Tamén reivindicou a programación do ciclo do Xacobeo co que, dixo, están a vivirse "experiencias musicais únicas" nas distintas localidades galegas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00