Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Extinguen un lume nunha vivenda de Carballo causado por unha fuga nun depósito de combustible

Un particular foi o que alertou sobre as 8,20 horas deste venres ao 112 de que estaba a arder unha casa na Ponte, en Santa María de Bértoa

Bomberos de A Coruña

Carballo

Os Bombeiros de Bergantiños extinguiron á primeira hora deste venres un incendio que afectaba a unha vivenda de Carballo (A Coruña) e que se orixinou por mor dunha fuga nun depósito de combustible.

Un particular foi o que alertou sobre as 8,20 horas deste venres ao 112 de que estaba a arder unha casa na Ponte, en Santa María de Bértoa. A testemuña apuntaba que as chamas saían polo tellado e que á beira da vivenda había un depósito de combustible.

De inmediato foron mobilizados os Bombeiros, que conseguiron extinguir as chamas e determinaron que o incendio se había orixinado, precisamente, por mor dunha fuga no depósito de combustible anexo á vivenda, que foi transvasado.

Os ocupantes da vivenda, que puideron abandonala sen sufrir danos, eran dúas persoas maiores e tres menores. Por mor do lume, arderon un termo e algo de madeira, ademais de parte do gasóleo vertido.

Ademais dos Bombeiros, tamén se presentaron no lugar axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Carballo, e informouse á Garda Civil e ao persoal do Concello.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir