Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Vídeo Sigue en directo los dieciseisavos de Copa del Rey en 'Carrusel Deportivo'

Volve a rockmería e a folkmería ás festas dos Liñares con concertos de balde

Serán catro días por todo o alto, é dicir, 10,11,12 e 13 de setembro

Vigo

A mediados de setembro a cidadanía de Vigo e os veciños e veciñas da parroquia de San Miguel de Oia teñen unha cita coa festa que serve para despedir o verán cun bo sabor de boca.

Este ano, os seus organizadores, e tras dous anos de pandemia, decidiron retomar os catro días de festexos para presentar un programa cheo de novidades.

O máis destacado son os concertos de balde para a folkmería que se celebrará o domingo a partir das 20.30 da tarde, nunha clara aposta pola música tradicional: Fillos D'Pile, Zurrumalla e Punkireteiras formarán parte deste cartel.

O luns o protagonismo é para a rockmería cun menú onde grupos da parroquia compartirán escenario con históricos do rock urbano. O cartel comezará con Storrentos a partir das 21.00 horas e seguirá Quarzum, a banda viguesa de heavy metal. Unha primeira parte composta por grupos locais e da zona, para comezar cun segundo prato igual de intenso e igual de forte.

Volve a Liñares o grupo América para interpretar os clásicos do pop, rock, metal e heavy dos últimos anos e Porretas viaxará dende Madrid ata Vigo para ofrecer o seu único concerto en Galicia. A banda, nacida en 1985 en Hortaleza, ten máis de 30 anos de traxectoria.

Non faltarán as bandas de música nin tampouco as orquestras que amenizarán as noites de Liñares. Un amplo programa onde tamén estarán presentes os máis cativos e cativas. O domingo coa presenza do mago Teto e o martes coa actuación de Ce Orquesta Pantasma durante a celebración das cucañas e dos xogos tradicionais.

Un cartel para todos os públicos e para todos os gustos totalmente de balde. O encargado de ler o pregón deste ano será o escritor e historiador, Bernardo Vázquez Acuña.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir