Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ariel Rot, Kiko Veneno e Treixadura, confirmados para o San Froilán 2022

A comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista Esther Eiros sea a pregoeira

Reunión de la Comisión de Festas

Reunión de la Comisión de Festas

Lugo

Ariel Rot, Kiko Veneno e Treixadura son as primeiras actuación musicais confirmadas para o San Froilán 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Comisión de Festas, onde o conxunto da Corporación Municipal valorou os avances realizados de cara á organización do San Froilán 2022.

A comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista Esther Eiros sexa a pregoeira desta edición das festas, mentres que a poeta Olga Novo será a oferente a Rosalía.

A concelleira de Cultura anunciou tamén os dous primeiros concertos do San Froilán 2022, confirmando a Treixadura dentro da xira do 30 aniversario da formación, Camiño Longo, que estará na praza Horta do Seminario o 12 de outubro ás 22 horas. Ademais, Ferreiro confirmou o show Un país para escucharlo, a cargo de Ariel Rot e Kiko Veneno, que terá lugar o 11 de outubro tamén ás 22:00.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir