Falece aos 90 anos Saleta Goy, presidenta da Fundación Manuel María
Dedicou os derradeiros anos da súa vida a garantir o legado cultural e intelectual do poeta da Terra Chá
A Coruña
A presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Saleta Goy, que tamén é viúva do escritor, faleceu este sábado aos noventa anos.
Más información
A Fundación informa nun comunicado do falecemento da súa presidenta, cuxos restos serán velados o domingo no tanatorio de Servisa da Coruña.
O luns realizarase a despedida civil en Cásaa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei (Lugo), ás 17 horas e recibirá sepultura a continuación no cemiterio de San Xoán.
Os seus restos repousarán xunto aos do poeta Manuel María Fernández Teixeiro, co que compartiu 45 anos de vida antes da súa morte, en 2004.
Saleta Goy, falecida aos noventa anos, tivo unha intensa vida no ámbito cultural e foi vítima da represión fascista durante a ditadura polo seu compromiso nacionalista.
"Mais a represión non logrou que Saleta e Manuel María renunciasen ás súas conviccións nin cesasen en ningún momento na súa loita contra a ditadura franquista e en favor dos dereitos políticos de Galiza e, sobre todo, no traballo pola recuperación de usos para a lingua galega e polo dereito a vivir dignamente na propia Terra en paz e harmonía cos demais pobos do mundo", salienta o comunicado da Fundación.
Dedicou os seus últimos anos a impulsar a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, creada co nome do poeta ao que foron dedicadas as Letras Galegas de 2016.