Sociedad

Coristanco inaugura un museo para poñer en valor o seu produto estrela: a pataca

Coristanco recupera a Festa da Pataca tras dous anos de parón pola pandemia

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participan na inauguración do Museo da Pataca. / Moncho Fuentes

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou este sábado na inauguración do Museo da Pataca de Coristanco, no marco da 40 edición da festa que enxalza este tubérculo, un dos produtos estrela desta comarca.

A produción de pataca certificada da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia no concello coruñés de Coristanco representa o 10% da superficie do indicativo de calidade, cunhas 61 hectáreas en 86 parcelas, así como con 13 produtores e dous envasadores, informou a Xunta.

Precisamente no marco da Festa da Pataca de Coristanco, que se prolongará ata o domingo, a IGP Pataca de Galicia ocupa un posto destacado no recinto feiral para dar a coñecer o produto certificado. O programa tamén inclúe actividades como o desfile de tractores adornados con patacas e diversas catas e degustacións de produto local.

O conselleiro aproveitou a súa visita a Coristanco para desprazarse a unha ferraxería e tenda agraria que recibiu unha achega pública e que puxo como exemplo de como se pode diversificar a actividade económica no rural. Así, grazas a unha axuda de máis de 55.000 euros xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do programa Leader, ampliouse un comercio de maquinaria para aumentar o negocio poñendo á venda tamén produtos de ferraxería.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00