Rueda: "O novo Centro Galego de Innovación situará a Ourense como polo de innovación a nivel nacional"

O presidente da Xunta visitou as instalacións deste Centro de Formación Profesional en Mariñamansa

Directo Hoy por Hoy Ourense dende o Centro Galego de Innovación de Ourense

Ourense

As obras do novo Centro Galego de Innovación, situado en Mariñamansa, están rematadas. Distintas autoridades visitaron hoxe as instalacións, destinadas á Formación Profesional. O edificio conta con dúas plantas. A primeira conta con catro espazos: área de biotecnoloxía, enerxía e sustentabilidade, área de industria 5.0 e área de fabricación aditiva. O segundo andar está destinado á inmersión e á área gastronómica multisensorial. Tamén conta con espazos para o networking e coworking.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que a estrea do novo Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, en Ourense, supón un salto adiante para este tipo de ensinanzas en Galicia.

O titular do Goberno galego incidiu en que, na actualidade, a Formación Profesional experimentou elevadas taxas de inserción laboral, que se sitúan no 85% e aumenta case ata o 100% na FP Dual.

A falta de pechar os datos definitivos, xa hai 59.700 matriculados para este curso 2022/2023, segundo a Xunta de Galicia. Sobre as novas instalacións, Alfonso Rueda destacou que se trata dun proxecto de país cuxa influencia situará a Ourense como polo de innovación en Formación Profesional a nivel nacional.