Directo

CARRUSEL MUNDIAL Sigue en directo el Camerún - Brasil y el Serbia - Suiza del Mundial de Qatar

Economía y negocios

A Xunta manterá conxelada en 2023 a peaxe da autoestrada entre A Coruña y Carballo

A conselleira Ethel Vázquez visitou hoxe Carballo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, confirmou este luns que os orzamentos da Xunta para 2023 conxelará as peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica co fin de "axudar á economía das familias" nun momento marcado pola inflación.

Durante unha visita á estación de autobuses de Carballo (A Coruña), a titular de Infraestruturas avanzou que o Goberno galego reservará nos orzamentos de 2023 entre 4,5 e 5 millóns de euros para "absorber" a subida que experimentarían as peaxes se se aplicase a actual inflación "de dous díxitos".

Esta medida terá efecto sobre as autoestradas entre A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona.

Deste xeito, mantense a medida adoptada xa o pasado exercicio no que a Xunta, #ante unha inflación do 5 %, decidiu "mitigar" a subida das peaxes neses viais, aplicando só un incremento do 2,5 %.

Agora, cunha inflación moi superior, cun contexto económico "moito peor", a Xunta optará por “incrementar o seu esforzo" e "conxelar" as peaxes en 2023.

Con esta decisión, as autoestradas galegas "seguirán sendo das máis baratas de España", asegurou Vázquez.

Durante a súa visita, a conselleira destacou que os descontos no transporte público están a impulsar un incremento significativo no uso do autobús na comarca de Bergantiños, onde se rexistrou unha subida do 28 % nas viaxes con dirección á Coruña.

Segundo Vázquez, o seu departamento constatou un incremento do 40 % no uso do autobús a nivel autonómico, cun 20 % vinculado á recuperación progresiva da demanda tras a pandemia e o outro 20 % imputable directamente ás bonificacións.

Ademais, a conselleira insistiu en que estas bonificacións, polo momento, están a ser asumidas integramente pola Administración autonómica, xa que o Goberno de España aínda “non transferiu o orzamento anunciado nin concretou que cantidade vai achegar”.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad