Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Acompañámoste a vacinar”

Campaña municipal dirixida aos maiores mosenses, aos que se lles acompañará a poñer a cuarta dose da vacina da COVID-19, incluíndo transporte e asistencia persoal gratuitos

Vigo

O Concello de Mos pon en marcha a campaña “Acompañámoste a vacinar” dirixida aos maiores de 85 anos mosenses que a partir do venres 7 de outubro comezarán a ser vacinados da cuarta dose da vacina da COVID-19.

Mediante esta campaña ofréceselles aos beneficiarios a oportunidade de solicitar o servizo de acompañamento e transporte aos centros de vacinación. Trátase dun servizo totalmente gratuito que inclúe transporte ida e volta con recollida no domicilio e asistencia persoal.

As persoas interesadas en solicitalo poden chamar de luns a venres en horario de 09.00 horas a 14.00 horas ao teléfono 986 33 94 04.

A alcaldesa de Mos declarou sobre esta iniciativa que “desde o Concello de Mos sempre quixemos estar ao carón dos nosos maiores, antes da pandemia, moi especialmente durante os tempos máis duros da crise sanitaria, e agora queremos seguir estándoo porque o merecen, porque a eles lles debemos ser o Mos que somos hoxe; por iso queremos que sempre se sintan acompañados, e neste momento da 4ª dose da vacina da COVID tamén”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir