Política | Actualidad

Noceda e Mato, candidatos en Carnota e Ponteceso

O exalcalde de Carnota volverá a ser cabeza de cartel e o PP confía en José Manuel Mato para conquistar Ponteceeso

A Costa da Morte

Os partidos políticos empezan a tomar posicións de cara ás elecións locais de maio. As asembleas locais deciden estes días quenes serán os encargados de encabezar as candidaturas e en Ponteceso e Carnota xa hai movementos signficativos. José Manuel Mato é a aposta do PP de Ponteceso para recuperar o bastón de mando na vila de Pondal. En Carnota, o exalcalde Ramón Noceda volve á primeira liña para reconquistar a alcaldía para o BNG.

O pasado luns Radio Nordés adiantaba a decisión de José Manuel Mato de convertirse no número 1 da lista do PP en Ponteceso. Mato, recoñecido empresario da bisbarra, estivo vinculado a proxectos deportivos da vila, chegando a ser tanto adestrador como presidente da S.D. Ponteceeso. Nos últimos anos tamén foi presidente da asociación empresarial BNI Costa da Morte. “Tócame ser o candidato e imos tentar reconstruir o partido dende a base” manifestou nos micrófonos da Cadena SER. “Foi unha decisión complexa, a vida política sempre a fixen no PP de Ponteceso… a niña muller dicíame que era unha decisión que se vía vir. Nadie me forzou , entro voluntariamente” declarou deixando claro que pretende recuperar a convivencia no concello.

José Manuel Mato recibe o encargo da dirección provincial do PP para retornar a unha alcaldía, a de Ponteceso, que vén de atravesar una lexislatura moi convulsa e na que se presenta un panorama aberto de cara as elecións de maio. En 2019 o PSOE daba a sorpresa conseguindo a alcaldía pontecesán grazas aos 8 concelleiros sumados pola candidatura de Lois García Carballido. O que semellaba ser unha etapa cómoda converteuse nun calvario coa saída de cinco concelleiros que abandoaron a disciplina do PSOE, deixando a García Carballido con só tres edís. Tras varios intentos infructuosos de moción de censura, a lexislatura camiñou entre liortas e votacións nas que a falta de acordos deixou ao concello pontecesán sen fondos provincias do Plan de Obras e Servizos. A corporación municipal de Ponteceso está moi dividida a día de hoxe, con 3 edís formando o grupo de goberno, e con 5 concelleiros escindidos do PSOE, 2 do PP (un abandonou a disciplina popular e figura como non adscrito) e dous dos independentes de APIN. De cara á cita de 2023 están confimados García Carballido e Mato como cabezas de lista de PSOE e PP respectivamente e se espera coñecer aos números 1 de APIN e doutra lista independente, a que están formando os concelleiros escindidos do PSOE.

En Carnota o BNG aposta por Ramón Noceda para retornar a unha alcaldía que xa ocupou con mayoría absoluta. En 2019 decidiu dar un paso ao lado e abandoar a primeira liña, deixando a cabeza de cartel para Emilio Louro. Os nacionalistas sufriron un retroceso, pasando de 6 concelleiros a 3, perdendo o bastón de mando en favor do PSOE. Tras catro anos, Noceda volve “para ser protagonista do cambio político que se vai dar en Galiza”. A Asemblea local do BNG foi unánime na designación de Noceda que, en declaracións a Radio Nordés mostraba seu desexo de retornar “pese a que nunca deixei a política. Veño con optimismo e gañas de recuperar a alcaldía”. O exalcalde quere facer realidade o proxecto de saneamento de Lariño e a casa de cultura, sendo incluidos no programa de cara a cita coas urnas. O pulso entre “Moma”-actual alcalde- e Noceda parece servido cun Partido Popular que, con 3 actas na actualidade, quere ser tamén protagonista en Carnota.