Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Así propón o Concello de Ourense remodelar as liñas de autobuses ...

Fai pública unha primeira proposta de frecuencias

Autobuses urbanos de Ourense

Autobuses urbanos de Ourense

Autobuses urbanos de Ourense

Ourense

En fase alpha, o Concello de Ourense fai pública unha primeira proposta de frecuencias para a remodelación das liñas do servizo de autobuses urbanos que impulsa o goberno municipal. Desde hoxe, pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense este “borrador de traballo, que podería establecer unha base case definitiva”, para a mellora deste servizo, segundo avanza o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Este deseño, explica o rexedor, baséase en dúas claves; “a optimización e a redistribución das liñas actuais, que están totalmente descompensadas”. O resultado final, explica Pérez Jácome, “é que co mesmo gasto, empregando o mesmo número de buses, choferes e combustible, mellorarase o servizo para un 80% da poboación da cidade”.

O alcalde pon de manifesto a necesidade de actualizar as rutas e corrixir os desfasamentos e as carencias que presentan hoxe en día. Como exemplos, lembra que pola Ponte Nova pasan máis de 15 liñas de autobuses, e ningunha pola do Milenio, ou que todos os autobuses que tiñan como destino a antiga estación de autobuses do Pino, seguen indo hoxe até alí, aínda que a terminal está pechada.

Reseña tamén o rexedor que “é notorio que o Concello daba un servizo ás portas da Valenzá, pero unha vez que a Xunta implanta o servizo regular Barbadás-Ourense, o autobús municipal non reduciu a súa frecuencia, co que a miúdo vai baleiro.

Tamén se corrixirán frecuencias “sen xustificación de demanda”, e cita como exemplo que a localidade de Seixalvo, con 1.000 habitantes “ten un bus case cada 15 minutos (cun 10% de ocupación media), mentres que A Cuña, con 4 veces máis poboación, teno cada 60 minutos”.

O novo modelo significará unha “revolución absoluta” do servizo de autobuses, asegura Pérez Jácome, quen detalla que se mellorarán as frecuencias para aproximadamente 80.000 habitantes de Ourense. É o caso de quen reside nos barrios e localidades do Vinteún, A Ponte, Xulgado-Pavillón, centro cidade, O Posío, Residencia, O Couto, Vistafermosa, O Polvorín, Marcelo Macías, Cruzamento de Piñor, A Farixa, Cudeiro, O Viso, Campus, As Lagoas, estación intermodal, Santa Mariña, Mariñamansa, A Cuña, Universidade Laboral, Expourense, San Francisco, A Cruz Alta, Auditorio/Biblioteca, Alto do Cumial, As Eiroás ou Peliquín.

Manteñen as frecuencias actuais uns 20.000 habitantes, residentes en Reza, Ceboliño, Velle, Cabeza de Vaca, A Carballeira, Reza, Quintela, Palmés, Vilar de Astrés, Covadonga, Campo da Feira, Cuartel, Barrocás, O Fonsillón, Rabo de Galo, Fechos, A Lonia, O Polvorín, A Chavasqueira, O Polvorín e Mende, Reducen as frecuencias uns 5.000 habitantes: Seixalvo, Ponte Sevilla, Antiga estación de autobuses, As Curuxeiras, Rairo, Santa Cruz de Arrabaldo, Untes e Cruzamento de Piñor.

PROPOSTA DE FRECUENCIAS DE PASO DOS AUTOBUSES NAS NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO, EXPRESADA EN MINUTOS

(Todas en sentido centro cidade, agás a liña O Couto- Residencia)

  • Barrio do Vinteún: 10’
  • Estación intermodal: <10’
  • A Ponte: 10’
  • Novo Xulgado/Pavillón: 10’
  • O Couto (Norte): 10’
  • Centro Cidade: <10’
  • Marcelo Macías/O Posío: 10’
  • Residencia: <10’
  • Mariñamansa: 10’
  • Expourense: 10’
  • Alto do Cumial, Seixalvo, Ponte Sevilla: 30’
  • A Farixa: 30’
  • Marcelo Macías, Cruzamento Piñor: 35’
  • Cabeza de Vaca: 35’
  • A Carballeira: 35’
  • O Couto, Vistahermosa: 20’
  • Couto a Residencia: 30’
  • Reza: 35’
  • Santa Cruz de Arrabaldo, Untes: 50’
  • Quintela: 30’
  • O Pino, antiga Estación de autobús: 30’
  • Palmés, Vilar de Astrés, As Eiroás: 60’
  • Covadonga, O Vinteún (Oeste): 20’
  • Cudeiro, Viso: 35’
  • Peliquín: 70’
  • Oira: 35’
  • Velle: 35’
  • Ceboliño: 35’
  • Campus, As Lagoas: <20’
  • A Cruz Alta: 30’
  • Auditorio, Biblioteca <20’
  • San Francisco: <20’
  • Santa Mariña, Cuartel, estrada da Granxa: 45’
  • Cuartel – Barrocás – U. Laboral: 60’
  • Barrocás Alto: <30’
  • As Curuxeiras, Rairo: 60’
  • Barrocás Baixo: <20’
  • U. Laboral, A Cuña: <20’

Os autobuses ao Fonsillón, Rabo de Galo, Fechos, A Lonia, O Polvorín, A Chavasqueira, A Farixa e Mende, así como o Mouchobus e o Tren das Termas manterán practicamente o mesmo réxime que os actuais.

A franxa de horarios seguirá sendo a actual, de 6:45 a 22:30h, agás o servizo nocturno Mouchobus

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir