Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad | Actualidad

Incautados máis de 5.000 quilos de sardiña en Camariñas

Segundo relatan nun comunicado, os feitos tiveron lugar cando efectivos da unidade realizaban un servizo propio da especialidade no porto.

A Coruña

O Servizo Marítimo Provincial (SMP) da Garda Civil da Coruña incautouse de 5.183,4 quilogramos de sardiña no Porto de Camariñas.

Segundo relatan nun comunicado, os feitos tiveron lugar cando efectivos da unidade realizaban un servizo propio da especialidade no porto.

Os gardas observaron como se descargaban oito palés con 44 caixas cada un de sardiña dun pesqueiro. Catro deles foron introducidos nunha furgoneta, tres noutra e o oitavo nun departamento de usuarios da Lonxa.

A Garda Civil realizou o seguimento dunha das furgonetas, que foi interceptada na AC-432. Simultaneamente, inspeccionou a lonxa e a outra furgoneta que se atopaba nas inmediacións da mesma. Ambos os vehículos eran propiedade da mesma empresa de peixes.

Os axentes comprobaron que toda a sardiña aprehendida carecía de documentación con datos de rastrexabilidade. Por estes, tras a incautación do peixe, procedeuse á súa pesada na propia lonxa, cuns valores totais de 5.183,4 quilogramos.

Levantouse ademais acta de denunica por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia. A sardiña comisada foi entregada no Banco de Alimentos Rías Altas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00