¿Lembramos a Sala Nasa?
Un fervedoiro cultural que marcou unha época en Santiago

Chévere cumpre 35 anos este 2022 e segue a celebrar a efeméride que vai traer varias citas en Compostela no mes de novembro pero tamén hai que celebrar os 30 anos dende a apertura da Sala Nasa, que estivo instalada na rúa San Lourenzo en Compostela, como espazo para a compañía alá polo ano 92.
Xesús Ron ven os estudos de Radio Galicia para contar en Hoy por Hoy Santiago e detallar con Ainhoa Apestegui o pasado dun centro cultural que centralizou en Santiago diversas actividades. En Barcelona as Olimpíadas, en Sevilla a Expo e en Santiago , tamén no ano 92 a inauguración da Sala Nasa.
Do que supuxo a súa apertura, dende o punto do vista do espectáculo, música, cabaré ... Do que vemos na mostra titulada "Materiais para un arquivo da cultura submarina" que está dende hoxe e ata o 19 de novembro na zona C de Santiago en Cervantes. Dos documentos que quedaron, escritos, audiovisúais, a súa imaxe gráfica, as súas obras mais recentes.
A Sala NASA é un signo mais da indentidade da capital de Galicia




