Álex Araújo, o artista responsable de que Banksy estea en Verín
O artista verinés asina o proxecto Verín, territorio Banksy
Ourense
A fachada da biblioteca do colexio María Inmaculada de Verín leva a súa sinatura e agora, distintas rúas tamén son froito do traballo do artista verinés Álex Araújo. Trátase de facsímiles das obras dun dos artistas urbanos máis destacados do panorama internacional: Banksy. Un traballo que se enmarca no proxecto municipal Verín, territorio Banksy.
Araújo traballou na hostelería e nunha gasolineira, mais nunca abandonou a súa paixón: a pintura en distintos formatos. Unha arte que comezou a aplicar en escaparates, o que supuxo todo un éxito na vila. Ao encargo da biblioteca do colexio María Inmaculada sumáronselle outros e agora Álex vive do que verdadeiramente lle gusta.




