Mariló Candedo, do colectivo Renda Básica: "Non só é unha cuestión económica, tamén é unha cuestión ética"
O Simposio de Renda Básica celébrase ata o sábado no Paraninfo da Universidade da Coruña
Mariló Candedo, presidenta do colectivo pola renda básica de A Coruña
16:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1666869386429/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a pobreza cronifícase na nosa comunidade, un de cada cinco galegos e coruñeses atopase baixo o limiar da pobreza , e tan so quince de cada cen persoas en situación de vulnerabilidade reciben algún tipo de axuda.
Dende o colectivo pola Renda Básica da Coruña cren que solucionar este e mais outros problemas do sistema público de protección social é posible.
Os días 28 e 29 de outubro no Paranifo da Universidade da Coruña terá lugar o vixésimo primeiro simposio Renda básica organizado polo colectivo na cidade, o Concello de A Coruña, o Colexio de educadores sociais, e a rede de renda básica estatal. A inscrición está aberta en rendabásica.gal e poderá verse tamén por streaming.
Falamos do tema con Mariló Candedo, presidenta do colectivo.
- Qué é a renda básica universal?
É una asignación monetaria pública, incondicional para toda a poboación, que debería cumprir estes requisitos: estar por riba do lineal da pobreza para acabar con ela (estaríamos falando de un entorno de 800 euros) ser universal para os residentes no territorio de implantación, e ser individual e incondicional, de xeito que non habería que demostrar nada para tela.
Parécenos que hai xa bastantes experiencias que nos fan ver que as rendas condicionadas non están chegando e ademais son insuficientes para que as persoas poidan facer algo nas súas vidas. Para nós non é só una cuestión económica se non tamén ética, pola crecente desigualdade. Cremos que é un dereito cidadán poder deseñar as nosas vidas sen que nos afecte a volatilidade dos mercados.
- Con ela suprimiríamos o resto de axudas, non si?
A idea é que substituiría as prestacións se son inferiores, no caso de ser superiores, cobraríase esa superior en lugar da básica, aínda que iso é difícil que pase porque están todas por debaixo de esas cantidades.
- É posible, factible esta renda?
Para selo precisa obviamente dun reseteo respecto do IRPF, unha racionalización das asignacións públicas monetarias, combater o fraude fiscal e revisar os impostos, asunto co que estamos en pleno debate non so no ámbito estatal. Cremos que ten que haber unha reforma fiscal que poña o acento en que pague mais quen máis ten, e así financiar esta renda. Dicimos que é unha cuestión ética porque no cremos que as sociedades teñan posibilidade de manter moito tempo estes niveis de pobreza que son moi contestables e xeran crispación social e teñen como resultado situacións que se medran son complicados socialmente de administrar.
- Cales son os argumentos en contra que máis escoitades, e cómo os rebatedes?
Os argumentos son fundamentalmente a idea de que desincentivaría a procura de emprego,e cremos que non ten porqué suceder porque unha cantidade desas características o que te da é un punto de partida para unha vida máis digna, por exemplo, poderíamos escoller o traballo sin ter que aceptar calquera condición laboral por necesidade. Tamén a xente que ten unha filosofía de vida máis decrecentista podería adicarse ó servicio á súa comunidade sen ter un emprego remunerado porque este chan que aportaría a renda sería suficiente.
Outro dos argumentos e que os ricos tamén a terían, porque é incondicional. Pois sí a recibiría todo o mundo, pero estas persoas serían obxecto dunha reforma fiscal ampla, polo tanto reciben pero tamén dan.
Un dos contras que se esgrimen é o posible aumento da inflación, dada a situación que estamos vivindo con este tema en concreto, cómo o vedes?
Agora estamos nun contexto moi inestable, pero entendemos que o que garante esta renda e unha certa tranquilidade para desenvolver un cidadán con tódalas capacidades, de poder adquisitivo de consumir.. as rendas serían utilizables para eses proxectos de vida.
- Que perfís atoparemos no simposio?
Acollemos esta iniciativa contando con xente recoñecida a nivel estatal e internacionais, e incorporamos novas voces que xurden e se van unindo cada un dende a súa perspectiva.
Por exemplo unha das mesas tratará a perspectiva de xénero, xa que entendemos que as posibilidades de emancipación das mulleres multiplicaríanse con esta renda. Tamén hai un chequeo sobre en qué punto están cada unha das iniciativas que se están levando a cabo a nivel local, estatal e mundial, mesmo o Vaticano se pronunciou, tamén a OTAN... O que queremos e lanzarnos a pensar noutras vidas posibles, en cal sería o efecto dominó que xeraría esta renda sen deixar de ter os pes no chan, pero tocando ese ceo de dignidade.
A idea parte dunha iniciativa que foi institucional, e que sustentaba este debate publico e todos os partidos da Coruña daquela corporación municipal da que saíu apoiaron dar este debate publico, por iso plantexamos que o interesante sería que, ademais dos convencidos, acudirá o encontro a xente á que lle xera dúbidas… Isto é un debate e plantexase así.