Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Unha vida extra para Hernán Pérez

A ollada de Dani Cabo sobre a actualidade albivermella en SER Deportivos Lugo

Unha vida extra para Hernán Pérez

Unha vida extra para Hernán Pérez

00:00:0004:25
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

Unha vez máis atopámonos co inexplicable caso do Club Deportivo Lugo. Un conxunto capaz do mellor e do peor. Un equipo que, cando parece que está preto de morrer, pega un chimpo e revive ao máis puro estilo Ave Fénix, soprendendo a propios e estraños.

O Lugo acumulou unha xeira demasiado negativa, firmando o peor arrinque de tempada dende que chegaron á Segunda División aló polo 2012. Ademais, as sensacións non eran boas e non parecía haber indicios de reacción. O posto de Hernán Pérez pendía dun pequeno fío que Tino Saqués estaba a piques de rachar.

Foi neste contexto, o pasado domingo, cando o conxunto albivermello nos regalou unha espectacular vitoria no Anxo Carro. Porque si, amigos e amigas, só valía gañar e así se fixo. En fronte, o incríble Burgos, que aínda non perdera un partido esta tempada. Ademais, os burgaleses só encaixaran un gol no que ía de liga. Parecía unha tarefa case imposible, pero os rapaces de Hernán, no medio dun temporal, furaron dúas veces a porta rival e non encaixaron na súa propia. 2-0, boas sensacións e tres puntiños vitais.

Un día perfecto. Aínda queda moitísimo camiño que sachar. Esperemos ver moitos partidos como o da pasada fin de semana. Porque este domingo vivimos o mellor día de Hernán Pérez no banquiño albivermello, xusto cando máis o necesitaba e tirando desa valentía da que leva falando dende o principio. Un soplo de aire fresco. Confianza. Unha vida extra para o asturiano da que todos nos aledamos.

Dani Cabo

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir