Fútbol

O VAR ‘amarga’ a un sólido Lugo

Unha columna de opinión albivermella de Dani Cabo

O VAR amarga a un sólido Lugo

O VAR amarga a un sólido Lugo

04:08

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1667403864500/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O Club Deportivo Lugo segue traballando para conseguir os obxectivos e a imaxe mellora partido a partido. O pasado domingo ante o Mirandés, as sensacións foron boas, nun encontro moi semellante ao do Burgos. Os erros básicos do pasado están sendo solucionados e a solidez que sempre caracterizou ao equipo semella estar de volta.

O empate sen goles da pasada fin de semana serviu ao conxunto albivermello para saír da zona que todos queremos evitar, os postos de descenso a Primeira Federación. Aínda así, o sabor do empate foi un pouco amargo. Todo por culpa dunhas decisións arbitrais que xa empezan a cansar á parroquia do Anxo Carro. Porque a man de Clavería no tanto anulado a Chris Ramos é, como mínimo, moi rigorosa. Non é a primeira vez que, cando hai dúbidas, o colexiado escolle prexudicar ao equipo lucense. O VAR non é amigo do conxunto de Hernán Pérez, e alguén no club debería dar un toque de atención á competición.

Pero non todo foi amargo. A parte máis doce do choque foi a nova porta a cero que conseguiron os nosos. A parella Xavi Torres-Alberto Rodríguez, acompañada nos laterais por Miguel Loureiro e Zé Ricardo, parece asentarse no once titular. O gran talón de Aquiles do equipo nas primeiras datas foi a consistencia defensiva e, de seguir por este camiño, Hernán Pérez e os seus teñen verdadeiros motivos para crer. Sen esta contundencia na zaga, a permanencia era imposible.

Hoxe, ante un rival durísimo como o Eibar, será unha proba de moito nivel para ver se os albivermellos seguen ca boa xeira.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00