Comeza a campaña Memoria Vermella
Siareiras, siareiros e simpatizantes de Club Deportivo Ourense comeza unha campaña

Plataforma Memoria Vermella / Archivo C.D. Ourense

Este fin de semana a plataforma Memoria Vermella, de siareiros, siareiras e simpatizantes de Club Deportivo Ourense comeza unha campaña baixo o eslogan Memoria Vermella:´´ o vermello non é unha cor,é un sentimento´´ coa que queremos visibilizar a situación que vive o legado e historia de C.D. Ourense, despois dos últimos acontecementos acontecidos no estadio de O Couto, onde desapareceu o vermello das bancadas, se destrozou o monolito en homenaxe a C.D. Ourense e estase eliminando o mural con superman con escudo de C.D. Ourense.
Ante esta situación e aproveitando o encontro da U.D. Ourense e o Somozas, o vindeiro sábado ás 19 horas da tarde, facemos un chamamento a todos a todas os que acudan ao encontro a que porten unha elástica vermella para darle colorido as bancadas e recuperar o vermello no estadio do Couto. Procederemos a repartir octavillas e a informar a veciñanza de Ourense da situación e o que acontece coa memoria de C.D. Ourense. Próximamente tamén levaremos a cabo máis iniciativas. (Memora Vernella).




