Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
A Guarda

A Guarda continúa co reparto gratuíto de composteiros

O Concello vai a proceder a facer unha nova entrega de composteiros, todos os veciños ou veciñas que os precisen os poden solicitalos chamando ao 986 61 0000.

Vigo

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, leva repartidos xa máis de 500 composteiros para realizar compost entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias a barrios do nosos municipio.

A mestra composteira municipal é a encargada de realizar charlas formativas para ensinar como é o seu funcionamento.

Todos os veciños e veciñas da Guarda que desexen obter un destes composteiros deben de solicitalos chamando ao 986 61 0000, despois serán citados para una charla informativa e entrega do composteiro.

As persoas contarán cun asesesoramento por parte da mestra composteira sempre que sexa preciso tanto por teléfono, no concello ou desprazándose á casa para ver o proceso in situ.

Se tes unha casa con horta podes facer compost ti mesmo/a, un proceso sinxelo, no que sen ter que usar químicos nin substancias artificiais, obterás un compost estupendo para a túa horta e xardín, reducindo os residuos, xerando valor e coidando o medio ambiente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00